miércoles, 10 de diciembre de 2008

A Torre De Hércules




A Torre de Hércules e unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, en España. A sua altura total e de 68m .Ten o privilexio de ser o único faro romano e o mais antigo en funcionamento do mundo .E foi construida polos romanos no século I despois de cristo e din que hai varias lendas relacionadas coa sua construcción.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

conventus lucensis




O Conventus lucensis abarcaba na provincia da Coruña por enteiro; o Norte da actual provincia de Pontevedra, e a maior parte de Lugo (salvo a comarca de Quiroga o Surleste) e incluía territorios occidentais da actual Asturias, ata a desembocadura do río Navia, e dicir, ata onde se marca hoxe a zona litoral asturiana da fala galega. A muralla de Lugo data da época romana, probablemente comezouse no ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial, a súa construción durou ata a época de Constantino.

viernes, 31 de octubre de 2008

conventus bracarensis

O Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga), capital da Gallaecia romana tiña como linde segura cara o Sur o curso do río Douro, que marcaba a raia coa provincia da Lusitania.

As lindes setentrionais, son menos coñecidas, mais abranxía, posiblemente, a parte meridional das provincias de Pontevedra e de Ourense.

O
río Sil sería o límite co conventus Lucensis e cara o este, o río Navea, afluente do Sil, sería a divisoria a respeto do conventus asturicensis, quedando as actuais comarcas de Viana e o Valdeorras e parte de Trives dentro dos dominios conventuais de Astorga, na actualidade estes territorios dependen da diocese episcopal de Astorga da que tamén dependeu ata 1955 a comarca de Quiroga. Os Tras-os-Montes e parte da actual provincia de Zamora, formarían parte do conventus bracarensis. (imaxe do Castelo de Braga)

Fontes: