viernes, 31 de octubre de 2008

conventus bracarensis

O Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga), capital da Gallaecia romana tiña como linde segura cara o Sur o curso do río Douro, que marcaba a raia coa provincia da Lusitania.

As lindes setentrionais, son menos coñecidas, mais abranxía, posiblemente, a parte meridional das provincias de Pontevedra e de Ourense.

O
río Sil sería o límite co conventus Lucensis e cara o este, o río Navea, afluente do Sil, sería a divisoria a respeto do conventus asturicensis, quedando as actuais comarcas de Viana e o Valdeorras e parte de Trives dentro dos dominios conventuais de Astorga, na actualidade estes territorios dependen da diocese episcopal de Astorga da que tamén dependeu ata 1955 a comarca de Quiroga. Os Tras-os-Montes e parte da actual provincia de Zamora, formarían parte do conventus bracarensis. (imaxe do Castelo de Braga)

Fontes: